Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Concentración en Brión por un instituto seguro

BRIÓN. Onte, a ANPA e a directiva do IES de Brión organizaron unha concentración diante da casa do concello para pedir un comezo do curso seguro no referente ao covid-19. Respaldan de xeito conxunto con outros centros, como Bueu, Cangas e Moaña, a petición á Consellería de Educación ante a incerteza que hai a escasos dous meses de retomar as clases. Recollen que é preciso ter instrucións claras e realistas que “non estén baseadas nunha ficticia seguridade de cara ao público”, sobre todo atendendo ao ratio de 30 a 33 alumnos por aula. Entre outras demandas, tamén insisten na necesidade de material para poder aplicar as medidas; de incrementar o cupo para poder reforzar o cadro de persoal de cara a unha maior carga horaria en gardas de recreo, transporte e aulas; de ofrecer formación en novas tecnoloxías para o profesorado ou de dotar tanto ao instituto como ás familias de axudas para mercar o material informático. N. VÁZQUEZ

09 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito