Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

ContraMINAcción pide a desvinculación da USC do catedrático Macías

TOURO Contraminacción e a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non veñen de facer público que Augas de Galicia desbotou nun informe recente “as conclusións do estudo elaborado por un equipo do Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental da USC liderado por Felipe

Macías”. Segundo din, “non é a primeira vez que o ex-profesor da Universidade de Santiago informa ou lidera a redación de controvertidos informes en procesos relacionados cos impactos ambientais de determinadas actividades, habitualmente a petición das empresas responsables deses impactos”, lembran. Din que “xa tentara favorecer proxectos mineiros como o de Touro” e por iso desde ContraMINAcción lle solicitan á USC que lle retire o título de emérito “logo de investigar unha situación que afecta á reputación de toda a Universidade”, din. A. P.

14 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito