Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Corenta e nove negocios sumáronse á plataforma local ‘Muxía na rede’

COSTA DA MORTE. Representantes municipais e do tecido empresarial do municipio reuníronse onte para concretar o contido da plataforma Muxía na rede, impulsada pola administración local e na que todas as empresas e autónomos poden obter gratuítamente un espazo para anunciar os seus servizos e incluír información detallada dos seus negocios. Polo momento hai inscritos 49 comercios e empresas, “aínda que agardamos que a demanda aumente, xa que acabamos de facer pública esta iniciativa”, afirmou o alcalde, Iago Toba.

A xuntanza tivo lugar no salón de plenos e, ademais do rexedor, participaron a concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch e a axente de desenvolvemento local, Anabel Piñeiro. “Obtivemos unha gran resposta por parte do empresariado local”, afirmou Toba, quen sinalou que esta era “unha posibilidade que nos plantexamos cando se produxo a crise sanitaria e cremos que é unha boa forma para reactivar a economía local”. O directorio serviralle ademais de base de datos á administración muxiá para futuras campañas de promoción económica, algo que “resultará moi práctico para ter un rexistro telemático dos comercios e empresas adheridos”, sinalou Anabel Piñeiro.

09 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito