Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
serie. Álvaro Castro é o artífice do proxecto de entrevistas que recolle nas redes sociais // Xurdiu como un xeito de pasar o tempo durante o confinamento á vez de dar visibilidade a persoeiros de diversas disciplinas da cultura galega TEXTO N. Vázquez

Creatividad vs. Cuarentena, o programa dun mozo arzuán

Álvaro Castro Cajade, un mozo de Arzúa de 25 anos, viu no confinamento a oportunidade de impulsar un programa mediante as redes sociais. Así naceu Creatividad vs. Cuarentena, un programa de entrevistas en rede enfocado a dar visibilidade a persoas involucradas na cultura galega, como un xeito de darlles voz e á vez presentalas a un público novo. “Tiven o xermen da idea de querer ofrecer entrevistas do panorama cultural galego máis cercano” comenta Álvaro Castro, e “aproveitar a cuarentena e o feito de estar nacasa, xunto coas redes sociais, para poder difundir a mensaxe de valorar o noso”. Deste xeito comezou o programa de entrevistas Creatividad vs. Cuarentena, centrado en persoeiros da cultura de Galicia en case todas as súas disciplinas.

Durante o confinamento, este mozo arzuán non foi alleo ás iniciativas que tomaron algúns dos referentes culturais máis importantes do país, que se botaron ás redes para entreter ao público no estado de alarma, empregando as súas plataformas persoais para facer directos, subir música ou, mesmamente, facer entrevistas. É o caso de Xosé Antonio Touriñán e David Perdomo, aos que destaca como unha das súas inspiracións para levar a cabo este proxecto.

Así é todo, Álvaro atopouse cunha carencia á hora de dar visibilidade á cultura galega, en practicamente todas as súas vertentes: música, teatro, escritura... , e decidiu comezar a súa andaina co programa Creatividad vs. Cuarentena. Nun primeiro momento como unha idea que tivo pola súa conta, aproveitando o tempo libre e entrevistando a coñecidos do panorama artístico, ata que ao final incluso foron algúns dos entrevistados os que deron o primeiro paso para poñerse en contacto con el.

O formato que empregou é sinxelo: directos da plataforma de Facebook máis popular entre a mocidade: Instagram, que foi pulindo a medida que maduraba a iniciativa. Hoxe, xa conta con 15 entrevistas no seu usuario, alvarocastro12, levadas a cabo durante o mes de maio a persoeiros de diversas disciplinas, “dende un freestyler, pasando por varios músicos, un ilustrador, cantantes, dous escritores, un emprendedor e actores e actrices”. O denominador común de todos os entrevistados é a creatividade como xeito de vida.

É o caso da actriz de televisión e teatro Lidia Veiga, tamén arzuá, que foi galardoada como mellor actriz no Moviescreenpro Film Festiva EEUU por Lonxe e por O Paso no Festival Valdeorras Denominación de Cine, ou de Icía Varela, unha cantante profesional cunha prometedora traxectoria que pon Malpica no mapa. Mesmo conta con entrevistas a artistas internacionais, como a arxentina Guada Casales que vén de sacar o seu novo álbum, Trapstornos.

Creatividad vs Cuarentena, como programa, xa viu o seu fin, pero como proxecto aínda ten moita vida por diante. “Todo o contido xerado será eliminado en breve”, adianta, “xa que, como o nome do proxecto di, ao basearse nun entretemento para a corentena será efémero”. Pero aínda ten futuro, posto que Álvaro ten pensado continuar, adaptándoo a outro formato, que “sería do estilo de entrevistas, pero gustaríame contar con máis xente e non facelo unicamente eu”, e engade que lle encantaría facelo mantendo as redes sociais, “porque me axudaría a ter máis difusión”.

E é que este mozo arzuán de 25 anos, que non tiña ningunha experiencia no xornalismo descubriu cunha actividade que comezou como un xeito de pasar o tempo no confinamento “algo co que me sinto moi cómodo” e lle gustaría continuar proximamente.

08 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito