Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cultura actuará nos tramos da Vía da Prata de Lalín danados por treboadas

Lalín. A Xunta actuará nos vindeiros días nos tramos do Camiño de Santiago de Lalín que se viron afectados polas últimas treboadas e polas fortes precipitacións que se rexistraron nalgúns dos concellos polos que transcorre a Ruta Xacobea.

Concretamente, técnicos da Consellería de Cultura e Turismo, a petición do propio Concello de Lalín que informou ao Goberno autonómico, desprazáronse ata os puntos onde as intensas choivas provocaron desperfectos no trazado da Vía da Prata para valorar as distintas necesidades e está previsto que actúen en breve.

Cómpre destacar que os tramos afectados polos temporais foron recentemente visitados polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e polo alcalde de Lalín, José Crespo, que supervisaron os danos ocasionados pola climatoloxía e coincidiron na necesidade de reparalos ante a próxima reactivación da peregrinación. Neste sentido, desde a Xunta, tras identificar problemas como asolagamentos ou desprendementos de terra, avisouse ao servizo de mantemento para reparar os posibles danos e retirar as pedras que obstaculizan o paso. Así mesmo, solicitouse que se revisasen algunhas das árbores que teñen perigo de caída co obxectivo de garantir a máxima seguridade.

Estas actuacións están enmarcadas no Plan de Mantemento posto en marcha polo Goberno galego. Trátase dunha operación de conservación que garante o óptimo mantemento dos itinerarios oficiais cara ao Xacobeo 2021 e que no caso da Vía da Prata conta cun orzamento de 1,6 millóns de euros. arca

18 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.