Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Dende Igualdade da Administración coruñesa divulgan a efeméride do vindeiro 24 de xuño a través da iniciativa Liberdade de ser e sentir! // Vai incluír un concurso reivindicativo da bandeira e palestras adicadas ós dereitos LGTBQI+ TEXTO M. Outeiro

Deputación e 34 concellos de Área apostan pola diversidade

A área de Igualdade da Deputación da Coruña decidiu retomar estes días a campaña Liberdade de ser e sentir! de cara a acadar a máxima implicación social na celebración do Día da Diversidade Sexual do vindeiro 28 de xuño. Trátase dunha iniciativa que divulgou o Concello de Oroso, anunciando tamén que vai ser un dos integrantes da idea Balcóns da Diversidade, con premios consistentes en camisetas e discos para as mellores fotos de terrazas e fiestras decoradas cas cores do arco da vella, e que se envorquen na rede, mediante facebook (máis información no da Institución coruñesa) e ata a efeméride.

No que atinxe a iniciativa Liberdade de ser e de sentir!, integra a 54 concellos da provincia, ademais de seis asociacións que traballan pola igualdade e os dereitos LGTBQI+. Entre eles constan, pola banda de Área de Compostela, Ames, Arzúa, Boiro, Boqueixón, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Lousame, Malpica, Melide, CIM de Muros, Muxía, Negreira, Noia, Oroso, Outes, a Pobra, Ponteceso, Porto do Son, Rianxo, Rois, Santa Comba, Teo, Vedra, Vimianzo, Tordoia, Trazo, Val do Dubra e tamén a Mancomunidade de Concellos de Ordes. A campaña, que utilizará o pechacancelas en redes #seresentir, reivindica “o dereito á liberdade sexual e afectiva das persoas, ademais de lanzar unha mensaxe de tolerancia e respecto entre as persoas”, apuntan dende a organización.

OUTROS, De calquer xeito, e máis aló da presenza institucional, a web da iniciativa tamén está aberta á participación individual e doutras entidades coa descarga de material de difusión, palestras virtuais, a webserie S.E.X., recomendacións de lectura para todas as idades e co mencionado certame Balcóns da diversidade, que xa comezou.

Na presente edición, igualmente, a campaña terá unha maior difusión a través da rede, coa que se buscará normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais con motivo do día internacional dos dereitos das persoas LGTBQI+. Levaranse a cabo distintas accións que van desde a creación dunha plataforma, actividades para público infantil e adolescente, un concurso en internet e un ciclo de charlas que se difundirán nas redes sociais e no sitio do programa.

Segundo sinala a deputada de Igualdade, María Muíño, “trátase dunha ambiciosa iniciativa coa que queremos implicar institucións e entidades para traballar conxuntamente nunha mensaxe de igualdade e de defensa da diversidade cun prama de actividades que buscará contribuír a sensibilizar contra a discriminación que aínda existe e que fornecerá materiais que poden ser utilizados tanto en centros de ensino como noutro tipo de entidades ou nas propias casas para educar en igualdade”, segundo aporta.

A campaña difundirase a través da plataforma seresentir.gal na que se publicarán todos os contidos e recursos relacionados coa diversidade sexual, ademais de contar cunha área privada na que os concellos e entidades poderán acceder aos diferentes recursos. Asemade, Liberdade de ser e sentir! ofrecerá contidos específicos para o público máis novo e, en concreto, a actividade Planeta LGTB achegará aos cativos contacontos a cargo de Felipe Díaz (Caxoto) para reflexionar sobre riqueza da diversidade e sobre o colectivo LGTBQI+.

Para os máis novos, e a través da plataforma e as redes sociais, difundirase a serie web S.E.X, da produtora Illa Bufarda, que conta cun Premio Luísa Villalta das áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña na súa segunda edición. A webserie está elaborada en colaboración con Aseia (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia) e conta tamén co apoio de Sogasex (Sociedade Galega de Sexoloxía) e a Fundación Paideia. Trátase dun proxecto de educación sexual, que vai dirixido a todos os adolescentes.

PALESTRAS. A iniciativa incluirá unha serie de palestras temáticas LGTBQI centradas na diversidade sexual, para falar dos dereitos, das barreiras e tamén das liberdades. En concreto, catro serán as charlas que se emitirán dentro do programa e xirarán arredor da diversidade sexual no deporte, na infancia e adolescencia, no tratamento informativo e na literatura.

Os participantes previstos serán os seguintes: pola banda da sección Visilibilidade LGTBQI+ no deporte, estará a karateka, que foi veciña de Negreira, Cristy Tojo, e a xornalista Bárbara G. Vilariño; a de Diversidade sexual na infancia e na adolescencia contará coa participación de Inés del Río (pediatra e forma parte do comité de bioética da Asociación Española de Pediatría), Noemí Díaz (Rede de apoio LGTBQI+ nas escolas galegas) e Enrique Latorre, filósofo e investigador da USC.

Tamén vaise contar, como se aportaba ao principio desta información, co concurso nas redes sociais Balcóns da diversidade!, no que se convida a todas aquelas persoas interesadas en participar a que envíen fotografías dos seus balcóns decorados ou fiestras.

20 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.