Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Disputa entre o Bloque de Carballo e a Xunta pola construción da variante

Infraestruturas reitera o seu compromiso co proxecto, e o BNG e o seu alcalde denuncian que non se van cumprir os prazos

A construcción da variante de Carballo continua a causar polémica entre os grupos políticos. O día de onte, o Bloque carballés publicou un comunicado no que o alcalde, Evencio Ferrero, amosou o seu descontento coa Xunta polo lento avance do proxecto, lembrándolle á conselleira Ethel Vázquez “que non foi el o que anunciou que a circunvalación sería unha realidade no 2022”.

Dende o BNG de Carballo denuncian que “nin o PP nin a Xunta” comparten a urxencia da construción deste viario, unha “infraestrutura prioritaria” para a vila. Nun principio, acordouse que estaría lista para o 2022, pero lamentan que por mor da “longa tramitación” deste tipo de proxectos, “xa estaremos no 2023”, e que tratándose dun ano de eleccións municipais, será obxecto de campaña política e “aínda non haberá nin un metro construido”.

A resposta da Xunta de Galicia foi inmediata, que asegura que “mantén o seu compromiso de axilizar a variante de Carballo”, a pesar de que a crise sanitaria obrigase a “retrasar un pouco a súa licitación”. Reiteran, deste xeito, que “o compromiso do Goberno galego coas infraestruturas viarias de Bergantiños é incuestionable”, e que está abalado por proxectos xa executados como a autovía da Costa da Morte ou o Plan de Sendas da comarca, desenvolto en Carballo “en estreita colaboración co concello”.

Asemade, dende a Xunta queren lembrar que facer un proxecto desta embergadura e con garantías técnicas e ambientais “require tempo”.

impacto. Ata o venres 14, o proxecto atoparase en fase de presentacion de ofertas. A redacción do proxecto de trazado, construción e impacto ambiental da primeira fase da circunvalación licitouse o pasado 8 de xullo, por un importe de 170.500€ e un prazo de 20 meses. Esta comezará na estrada autonómica AC-552, en Bértoa, cun presusposto estimado nos 15 millóns dun orzamento total para as dúas fases de 28 millóns.

12 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.