Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Doazón de patacas para persoas e familias vulnerables da Laracha

Foron aportadas por Cultiagro-Seagra e serán distribuídas polos servizos sociais

A Laracha. A empresa larachesa de distribución de produtos agrícolas Cultiagro-Seragra vén de realizar unha nova doazón ao Concello de 350 quilos de patacas, que serán distribuídas a través dos servizos sociais entre familias do termo municipal con escasos recursos económicos.

Desde o Concello agradecen este tipo de iniciativas particulares que “contribúen a garantir que as persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade poidan cubrir as súas necesidades alimentarias básicas”.

Durante os meses de abril e maio, o tecido asociativo mostrou a súa solidariedade poñendo a disposición dos servizos sociais municipais alimentos e material de protección. A propia empresa Cultiagro-Seragra xa realizara unha doazón de seiscentos quilos de patacas. Outras achegas foron por parte dos comedores do CEIP Otero Pedrayo e da escola infantil A Galiña Azul, as asociacións Queiroga, de Paiosaco, Adro de Vilaño e Santa Lucía de Soandres, os clubs ciclistas Laracha en Dúas rodas e Motomontañismo Arteixo e a empresa de distribución de bebidas Disjovi.

PARADA DE TAXIS. Por outra banda, o Concello iniciará nos próximos días o procedemento de contratación da execución do proxecto dirixido a transformar a parada de taxis existente a carón da Praza do Concello, na céntrica Avenida de Caión da capital municipal. Será financiado con fondos locais.

09 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito