Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Edición especial do 7 ao 9 de agosto de Feirauto

BAIO. Os próximos días 7, 8 e 9 de agosto, Baio acollerá a 45 edición de Feirauto, unha das feiras de coches de ocasión máis antigas de Galicia organizada pola Asociación do Automóbil de Baio e Fecom, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Zas. Ao longo destes días, os concesionarios participantes ofrecerán cerca de 200 vehículos de ocasión de todos os estilos con importantes descontos e vantasoxas condicións de financiación. Todos os coches están 100% revisados e contan con 12 meses de garantía. Ademais, os talleres participantes abrirán as súas portas nun horario especial e adoptarán todas as medidas de hixiene e seguridade para evitar a propagación do covid-19. Ao igual que nas anteriores edicións, sortearanse 300 € en combustible entre todas as persoas que se acheguen a calquera dos establecementos participantes. Cada visitante recibirá unha rifa coa que se pode gañar seis vales de 50 € para canxear combustible.

14 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito