Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

En estado grave a muller agredida con arma branca pola súa parella en Coristanco

Presenta unha ferida no tórax con afectación cardíaca. O suposto agresor xa foi detido

A muller agredida pola súa parella o xoves en Coristanco (A Coruña) atópase ingresada na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) en estado grave, segundo informaron a Europa Press fontes hospitalarias.

En concreto, a vítima está ingresada por ferida de arma branca no tórax con afectación cardíaca, precisaron as mesmas fontes sobre o seu estado e á espera do parte médico de evolución.

A detención do home por parte da Garda Civil produciuse na tarde deste xoves, segundo informaron fontes próximas á investigación.

En concreto, o 112 Galicia recibiu sobre as 16,45 horas unha chamada de alerta en relación a unha agresión que se produciu na localidade coruñesa de Coristanco.

Até a zona desprazáronse efectivos das forzas da orde e o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que trasladou á muller ferida até o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Segundo precisaron a Europa Press fontes próximas á investigación, non constan que existisen denuncias previas por violencia machista.

A CORUÑA. EUROPA PRESS

14 ago 2020 / 11:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.