Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

En marcha a web para reactivar a vila amesá

É un espazo para consultar ou achegar datos sobre a crise

O Plan de Reactivación Económica para Ames xa conta cunha páxina web informativa: http://coronavirus.concellodeames.gal, un espazo que permite ao municipio acceder aos datos relacionados co covid-19 e, ademais centralizados, para así difundir información adaptada ao ámbito local.

A nova web permite no seu inicio a realización dun formulario en liña para que a cidadanía e o sector empresarial poidan facer as súas consultas ou achegas relacionadas coa situación derivada da crise sanitaria. Esta nova canle de participación, según explican dende o goberno local, permitirá ademais “achegar propostas para ser consideradas no plan de choque se está a deseñar na actualidade”. Lembran dende a administración local que os veciños tamén poden contactar a través do número de teléfono 669 024 733 ou do email promocioneconomica@concellodeames.gal para realizar calquera consulta sobre o citado plan.

O novo espazo ofrece un acceso directo ás medidas locais e económicas. No caso das primeiras, a veciñanza amesá pode consultar os decretos aprobados pola alcaldía nos que recollen diferentes medidas adoptadas a causa da pandemia, ademais dun apartado específico de propostas vinculadas coa reactivación económica municipal. Na sección reservada á economía, poden visualizarse datos de interese para as Pemes, os autónomos e tamén para os traballadores.

Outra parte está destinada a distintas guías de carácter oficial e outros recursos formativos e informativos sobre materias relacionadas coa crise e as súas consecuencias no ámbito da economía e da prevención de riscos laborais. Ademais da previsión das distintas fases de desescalada e da guía das mesmas, aparecen varias recomendacións preventivas de saúde laboral ou boas prácticas nos centros de traballo.

Por outra banda, inclúe tamén un apartado de normativa, que se vai actualizando, e outro de preguntas frecuentes para que a cidadanía poida expoñar as súas principais preocupacións.

16 may 2020 / 02:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito