Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

En marcha o regulamento para as terrazas amesás

Ames. O Concello de Ames vén de configurar o borrador do regulamento da ocupación de dominio público e espazos privados de uso público por terrazas e elementos vinculados á actividade comercial e hostaleira con fins non festivos. “É a primeira vez que se acomete a elaboración deste regulamento xa que, ata o momento, só existía a ordenanza”, apuntan fontes municipais. O borrador xa foi remitido aos grupos municipais da oposición, ás asociacións de empresarios e comerciantes de Ames, á de Hostalaría de Santiago e aos diferentes locais amesáns que dispoñen de terraza e fixeron a solicitude para a súa posta en valor. Ao longo deste mes de xuño poderanse facer achegas a este novo regulamento “en aras de acadar unha normativa beneficiosa tanto para o sector como para a veciñanza amesá”, indica o Concello. A.P.

06 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito