Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Envío de balde en Caldas co Concello e a patronal

caldas de reis. O Concello e a Asociación Caldas Centro Comercial Aberto poñen en marcha unha campaña de entrega gratuíta a domicilio dos produtos mercados no municipio. Os clientes só teñen que efectuar unha compra telemática e un transportista levaralla á casa.

Entre as condicións do servizo –pódense pedir máis datos no teléfono 620 248 155– figuran que a empresa en ningún caso cobrará aos clientes; que os envíos realizaranse a un máximo de dez quilómetros á redonda do casco urbano; que as tendas solicitarán a recollida de paquetes por Whattsapp no número 600 29 50 07; e que o Concello asumirá os custes do servizo ata o 30 de xuño de 2020. A partir deste momento o seu custe será de 4 euros, dos que 2 serán asumidos polos establecementos e os outros pola administración local e Caldas CCA.

“Agardamos que esta campaña poida contribuír a solucionar algún problema de loxística e aumentar as vendas”, rematan. m. m.

24 may 2020 / 02:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.