Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fabiola García anima ás familias a participar no acollemento de menores

Agradeceu desde Fisterra os coidados e cariño que reciben os pequenos // A Xunta gratificou os esforzos no estado de alarma

A conselleira de Política Social, Fabiola García, animou ás familias galegas a participar no programa de acollemento de menores da Xunta de Galicia. Fíxoo onte pola mañá en Fisterra onde visitou a Begoña e Kike, unha das 730 familias acolledoras que hai en toda a comunidade e que teñen ao seu cargo a tres nenos.

Fabiola García quixo agradecer a esta parella, como tamén a todas as familias acolledoras de Galicia, o esforzo realizado a diario na atención, dedicación e cariño que lle prestan a estes pequenos e, en especial, durante os meses da emerxencia sanitaria provocada pola covid-19.

Destacou a conselleira que neste tempo ademais de ser nais e pais, víronse na obriga de asumir o papel de profesores, amigos e tiveron a difícil tarefa de xestionar a ausencia das familias biolóxicas nun momento delicado.

A conselleira de Política Social manifestou que Galicia debe agradecer o esforzo das familias acolledoras. Por iso, trasladoulle á familia que por este esforzo nos tres meses que durou o estado de alarma, incrementouse a axuda mensual que recibían.

Cómpre recordar que as familias acolledoras, xunto cos centros residenciais, son unha das opcións do sistema de protección de menores da Xunta de Galicia. Na actualidade hai 1300 nenas e nenos que están en acollida, sexa en familia extensa ou allea.

18 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito