Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Feirauto pon 200 vehículos á venta en Baio

Os coches, revisados, teñen garantía // Sortean 300 € en combustible // Abren hoxe, mañá e o domingo

As Torres do Allo acolleron onte a presentación da 45ª edición de Feirauto nun acto ao que asistiron os representantes dos concesionarios participantes xunto co alcalde de Zas, Manuel Muíño.

Este é o arranque desta feira de coches de ocasión que está organizada pola Asociación do Automóbil de Baio e a Fecom en estreita colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Zas.

Tanto hoxe coma na fin de semana, os concesionarios participantes poñerán ao alcance de todos os interesados cerca de 200 vehículos de ocasión de todos os estilos con importantes descontos e vantaxosas condicións de financiación.

Todos os coches están 100 % revisados e contan con 12 meses de garantía. Ademais, os talleres participantes abrirán as súas portas nun horario especial e adoptarán todas as medidas de hixiene e seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias para evitar a propagación do covid-19.

Ao igual que nas anteriores edicións, sortearanse 300 euros en combustible entre todas as persoas que se acheguen a calquera dos establecementos participantes. Cada visitante recibirá unha rifa coa que pode gañar un dos seis vales de 50 euros para canxear por combustible na Estación de Servizo Gasóleos Montaña de Baio. O sorteo publicarase nas redes sociais de Feirauto nos días seguintes á feira.

07 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.