Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Festival de Jazz e Mozart a prol da cultura amesá

AMES. A concellaría de Cultura de Ames está organizando a programación cultural de verán, con cambios de data, formato, e adaptándose ás novas necesidades no eido cultural. Deste xeito, a actividade volve o xoves, 25 de xullo, ás 22.00 horas, co espectáculo Mozart á Galega, que se desenvolverá no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A seguinte actuación será o Festival de Jazz, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, o sábado 4 de xullo. A primeira trátase dunha actividade subvencionada pola Deputación da Coruña, no marco do programa Un bico un cantar. O concerto é gratuíto e de entrada libre, pero debido ás circunstancias derivadas da covid-19, o espectáculo desenvolverase respectando todas as medidas de seguridade. O grupo Integral dos Cuartetos para Frauta e trío de cordas está conformado por Luís Soto na frauta travesa, David García ao violín, Joana Ciobotaru á viola e Millán Abeledo ao violoncello. Dende a mesma concellaría continúan traballandono plantexamento de novas alternativas para o futuro, se ben enténdese que, a curto prazo, é necesario que se manteñan os orzamentos de cultura, que se sigan facendo as contratacións con vistas ao verán, programacións con aforo reducido, en pequeno formato, pequenas actuacións, concertos verticais e extremando a seguridade nos propios auditorios e con menos aforo. o.d. vilar

18 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.