Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Frades convoca un curso de monitor de tempo libre

FRADES. O Concello de Frades convoca un curso de monitor de tempo libre de

350 horas lectivas, 200 teóricas e 150 prácticas, e que terá lugar do 22 de xullo ao 31 de agosto. O prezo do curso será de 250 euros, cun desconto de 50 € para persoas empadroadas cunha antigüidade mínima de un ano, e as inscricións poderán facerse ata o 21 de xullo. As clases serán impartidas por Escola Galega de Tempo Libre: 90 horas presenciais obrigatorias e 110 horas en liña. As presenciais terán lugar no multiusos de Frades os luns, mércores e venres, en horario de 16.00 a 21.00 horas. O das clases en liña fixarase o primeiro día de actividade presencial, para adaptarse á proposta preferida polo alumnado. As prácticas, de 150 horas lectivas, deberán realizarse no prazo de dous anos dende o remate da fase teórica. Para anotarse hai que encher a folla de inscrición na web (www.frades.gal ) e remitila xunto á documentación a escolagalegatl@gmail.com. A.P.

11 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito