Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

García salienta a importancia da atención temperá para atallar trastornos infantís

A Pobra do Caramiñal. A conselleira de Política Social, Fabiola García, puxo en valor na tarde de onte a rede galega de atención temperá para atallar os trastornos de desenvolvemento que poidan xurdir nos primeiros anos da infancia. Fíxoo durante unha visita á unidade da Pobra do Caramiñal, situada no Centro de Atención Integral á Discapacidade, que atende a máis dun centenar de nenas e nenos deste concello, e tamén dos veciños municipios de Ribeira e Boiro.

Na súa visita, a titular autonómica de Política Social comprobou a adaptación do centro á nova situación derivada da covid-19 e coñeceu as novas necesidades xurdidas tras a emerxencia sanitaria.

Na unidade de atención temperá da Pobra do Caramiñal facilítaselles a nenas e nenos de 0 a 6 ferramentas para que gañen en autonomía e gocen dunha mellor calidade de vida cando sexan maiores.

MEDIOS Segundo explican, a Xunta de Galicia, en colaboración cos concellos e a Asociación Galega de Atención Temperá (Agat), está a estender este modelo de atención á infancia baseado na prevención por toda a comunidade autónoma, co fin de que sexa accesible para as familias vivan onde vivan.

Na actualidade, a Consellería de Política Social financia o funcionamento dun total de 31 unidades de atención temperá que prestan os seus servizos nun total de 129 municipios galegos.

Nestes centros os menores reciben unha atención individualizada por parte de profesionais dos campos da logopedia, psicoloxía ou pedagoxía, entre outros, segundo informan desde Política Social.

09 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito