Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Inclúese un ascensor panorámico na remodelación da UAD de Ribeira

Sete empresas optan a executar as obras, que contan cun orzamento de 420.000 euros

Ribeira. Sete empresas presentaron as súas propostas para a realización das obras de acondicionamento funcional e mellora da envolvente exterior do edificio da Unidade de Asistencia a Drogodependencias (UAD) de Ribeira.

A actuación en cuestión conta cun orzamento de licitación de 420.000 euros, IVE incluído, e está subvencionada mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello para o acceso ao fondo de cooperación para o apoio e financiamento de actuacións e rehabilitación e conservación de patrimonio construído en municipios de menos de 50.000 habitantes.

A edificación ten unha antigüidade de corenta anos (1978-1980) e aínda que o seu estado de conservación é aceptable, precisa dunha posta a punto no referente á envolvente térmica.

O proxecto contempla a substitución da cuberta por outra con tella cerámica, ademais de illamento térmico baixo a cuberta; a reparación de patoloxías nos balcóns e aleiros existentes, a base dun tratamento e de reparación de gretas, así como o revestimento exterior cun sistema SATE en toda a fachada para a mellora das condicións térmicas do edificio; a substitución da carpintería exterior por unha nova de aluminio; e a instalación dun ascensor panorámico (con vistas á praia de Coroso), para a que se reformará e ampliará o hall de entrada do complexo.

O prazo de execución dos traballos é de 4 meses. s. s.

06 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.