Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Informan sobre o Bono Coidado aos padroneses

padrón. O Concello de Padrón informa no seu Facebook sobre o Bono Coidado Extraordinario para a Infancia da Xunta de Galicia, que tamén cubrirá as excedencias e as reducións de xornada por coidados a fillos, a maiores ou persoas con discapacidade. As solicitudes deben presentarse por medios electrónicos antes do 13 de xullo. Trátase de axudas de 500 euros para pagar os servizos dun coidador a domicilio ou compensar o pase a unha situación de excedencia ou redución de xornada obrigada polo peche dos centros escolares durante o estado de alarma. Unha axuda que se mantén ata a apertura dos centros educativos o vindeiro mes de setembro, recordan. arca

30 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito