Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Instalan un ascensor e acometen melloras no colexio de Cabo de Cruz

BOIRO. O Concello de Boiro, a través do departamento de Obras, está a realizar tarefas de mantemento e reparacións en todos os centros educativos do municipio para que estean listos de cara ao vindeiro curso escolar. No CEIP Santa María do Castro, en Cabo de Cruz, está lista xa toda a parte de Infantil, onde se colocou a tarima nas aulas, pintáronse as portas e reparáronse estantes deteriorados. Na parte de Primaria realizouse o pintado das aulas nas que se colocaron as novas xanelas. Realizáronse tamén limpezas xerais e a preparación dos espazos con vistas a cumprir cos protocolos para o vindeiro curso. A edil de Ensino, María Outeiral, visitou en dito colexio os traballos que se executan entre os que se inclúe a instalación do ascensor que está a realizar a Xunta, unha actuación moi demandada pola comunidade educativa do centro. s. s.

04 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito