Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Íntegro reactivou a atención individual a mulleres do rural

Reciben asistencia laboral, psicolóxica e mediación familiar // As interesadas deben solicitar cita previa e levar tapabocas

O Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional do Rural (PIMD), que xestiona a Asociación Íntegro, comeza a recuperar o seu funcionamento habitual, aínda que adaptado ás novas restricións para garantir as medidas de protección e hixiene establecidas para evitar futuros contaxios.

Logo do confinamento, no que as usuarias recibiron atención telefónica e online, retomaron a atención presencial e individualizada nas instalacións de Íntegro, ubicadas en Nantón (Cabana). As interesadas, prioritariamente mulleres con discapacidade do rural, deben solicitar cita previa chamando ao número 981 734 985 ou enviando un correo electrónico a info@integro.es.

No momento de acudir ao centro, deberán levar tapabocas, manter a distancia de seguridade e facer uso dos xeles que Íntegro puxo a disposición do público.

Ademais de ofrecerlles colaboración en materia de orientación e intermediación laboral e profesional para a mellora da empregabilidade, desde o punto de intervencións tamén están a ofrecer axuda sobre recursos, apoio psicolóxico e mediación familiar para a resolución de posibles conflitos xurdidos no ámbito doméstico durante a corentena.

O obxectivo, aseguran, “é continuar ofrecendo asesoramento e información integral a un dos colectivos máis vulnerables, especialmente, na contorna rural”.

FINANCIACIÓN. O programa PIMD Rural, así como todas as accións que o integran, están financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo (FSE).

Entre os seus obxectivos destaca o de fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación na que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade, dotándoas dunha maior autonomía e independencia de cara á mellora da súa situación persoal, social e laboral, e ofrecéndolles unha atención personalizada e especializada para a súa integración na sociedade e no mercado de traballo, segundo sinalan desde Íntegro.

29 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.