Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Intensifican a actividade local do Fondo Galego de Cooperación

Caen as actividades internacionais pola pandemia, segundo a administración amesá

A Maía. Ames divulga, como socio e membro da comisión executiva do Fondo Galego de Cooperación, as Liñas Estratéxicas 2020-2023 aprobadas onte nunha asamblea xeral celebrada de xeito virtual por internet de cara a minimizar o risco sanitario derivado da covid-19. E os asistentes tamén lle deron luz verde ao Plan de Actividades 2020, que tivo que adaptarse ao novo contexto xerado pola pandemia tanto para as accións en Galicia como noutros países.

O Plan de Actividades 2020 do Fondo Galego substituíu, debido as circunstancias xa coñecidas, toda a súa oferta no caso que que implicara viaxes internacionais, como o clásico programa de voluntariado Vacacións con Traballo ou a celebración do II Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía. Mentras, intensificarase a implantación da Axenda 2030 nas administracións locais, con iniciativas como a elaboración de plans municipais para a localización dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible. Ademais, ofrecerase formación ao respecto na nova web.

Situar a cooperación cos países do sur como eixo central da actividade é precisamente un dos obxectivos establecidos nas Liñas Estratéxicas para o mandato actual, que foron presentadas polo presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González. Traballarase asemade para incrementar a base asociativa e a súa implicación, alén de continuar sensibilizando aos gobernos locais sobre a solidariedade internacional e de reforzar a transparencia e alianzas. m.m.

01 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.