Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 04 julio 2020
15:11
h

Laracha dará axudas de ata 2.100 € aos empresarios e autónomos

Están dirixidas aos que se viran obrigados a suspender a actividade ou reducisen ingresos

A Laracha. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte as bases reguladoras do programa municipal de subvencións para o fomento do emprego mediante o impulso da actividade económica para paliar os efectos do covid-19. Trátase da liña de axudas convocada polo Concello e dirixida a empresarios e autónomos do municipio que foran obrigados a suspender a apertura ao público ou que sufriran minoración da súa facturación debido ao decreto do estado de alarma do pasado 14 de marzo.

Este plan municipal subvencionará con ata un máximo de 2.100 euros a cada beneficiario, cunha contía fixa inicial de 600 euros que se incrementará en 300 máis por autónomo ou empregado ata o citado tope.

A partida orzamentaria destinada a atender as solicitudes destas subvencións está dotada inicialmente con 220.143, 94 euros dos orzamentos municipais. O prazo para a presentación de solicitudes é de 20 días hábiles a contar desde hoxe.

Por outra banda, o Concello larachés contratará a 40 persoas durante o verán para prestar servizos de interese xeral. Formarán parte dos equipos de socorrismo, brigadas contra incendios, cuadrillas medioambientais e de obras, e tamén contratarán un técnico de turismo e reforzarán o departamento de servizos sociais. Deste xeito poderán reforzar determinandos servizos municipais por cuestións de seguridade cidadá, mantemento en bo estado de zonas verdes e dos espazos públicos en xeral.

30 jun 2020 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito