Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Licitan os traballos na igrexa de Santa María de Lamas

As obras, de máis de 100.000 euros, céntranse na limpeza e reposición das partes danadas

A Xunta acaba de licitar, por máis de 100.000 euros, as obras de mantemento e rehabilitación da igrexa de Santa María de Lamas, en Boqueixón. Unha actuación que terá un prazo máximo de execución de oito semanas desde o inicio dos traballos. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, recalcou que este proxecto permitirá resolver “as patoloxías existentes neste ben, causadas fundamentalmente pola humidade, dado que o inmoble se sitúa nunha zona con abundante auga no subsolo”, aclara.

Entre as accións que se levarán a cabo para eliminar todos os problemas detectados figuran, entre outras, a realización dunha limpeza manual de toda a cuberta de tella e a substitución de pezas danadas, a limpeza dos parámetros exteriores, ou a reposición de pezas danadas da carpintería. Ademais, nas zonas onde existen pinturas murais procederase a realizar unha toma de datos e analíticas para levar a cabo unha intervención de urxencia de ser necesario. Ovidio Rodeiro lembrou que para para poder desenvolver estos labores, “o Goberno galego asinou un convenio de colaboración coa Arquidiócese de Santiago”.

A igrexa de Santa María de Lamas é un ben protexido que se atopa incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia e recollido no inventario do patrimonio histórico-artístico do Concello de Boqueixón. Trátase dun templo de estilo barroco e nave de planta de cruz latina construída no século XVIII, que dispón dunhas dimensións e unha concepción arquitectónica moi notable.

02 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito