Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lousame aprobou a primeira modificación do PXOM en 16 anos

“Ata agora foi moi útil, pero empezan a aparecer eivas”, dixo a alcaldesa no pleno

Lousame. O pleno celebrado o venres en Lousame aprobou inicialmente, cos votos a favor de PP e BNG e a abstención do PSOE, a modificación puntual número 1 do PXOM, que fora aprobado definitivamente en 2004. Trátase dun cambio para actualización de normas “non esencial, despois de 16 anos nos que o plan foi moi útil, pero no que empezan a aparecer eivas”, dixo a alcaldesa Teresa Villaverde.

A mandataria advertiu que “non convén atrasar o inicio da xestión desta modificación puntual xa que prexudicaríamos á xente pendente de licenzas ou de subvencións e poríamos en perigo o futuro dalgunhas actuacións”.

A Corporación tamén aprobou, nesta ocasión por unanimidade e sen debate, a modificación da ordenanza fiscal número 10 para adaptala á Lei de Contratos do Sector Público. “É algo que temos que actualizar e suporá unha redución á metade dos trámites do procedemento”, dixo.

Así mesmo, informouse de que o período medio de pago do segundo trimestre de 2020 foi de 29,13 días. Tamén prosperou unha moción do Partido Popular, que aceptou dúas emendas do BNG, para instar ao Goberno central a respectar a autonomía das entidades locais para a xestión dos recursos públicos e non apropiarse dos mesmos. s. s.

02 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito