Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mª Jesús Quintáns gaña o premio da campaña da patronal Noia Histórica

NOIA. O presidente da patronal Noia Histórica, José Manuel Martínez Godoy, fixo entrega dos premios das diferentes campañas celebradas durante o confinamento. Unha delas foi a da Asociación Galega para a Xerencia de Centros Comerciais Abertos (titulada Morriña de ti). A gañadora do vale de compra de 50 € para gastar nas empresas asociadas á entidade foi María Jesús Quintáns. Asimesmo, recibiron os seus premios os vencedores do concurso de Facebook organizado pola discoteca móbil Chocolate. O vale para unha sesión de tres horas de dita firma foi para Laura Fajardo; o de 50 €, para gastar tamén nos establecementos da asociación, foi para Sandra Blanco Salgado. E o de 40 € (que, neste caso, se deberá canxear en calquera establecemento hostaleiro asociado a Noia Histórica) foi para Juan L. Rodríguez Deán. S. S.

01 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito