Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Malestar pola reubicación do xulgado e o CIM de Muxía

Muxía. O PP de Muxía critica a reestruturación do edificio do concello que anunciou o mandatario local. Así, a portavoz popular Sandra Vilela tildou a idea de “improvisada” e de “sen sentido”.

Dende a oposición teñen claro que a idea do goberno municipal de quitar as oficinas do Xulgado de Paz, que levan décadas emprazadas a carón do concello, para outras dependencias municipais “non ten sentido. Actualmente, saes da porta do concello e entras na do xuzgado. Se o que se pretende é mellorar o servizo, vaise a conseguir todo o contrario xa que obrigas ós veciños a ter que desprazarse a outro edificio noutra ubicación”, explicaba a voceira.

Segundo o alcalde, o que se busca é que os servicios sexan máis accesibles, pero “nun edificio no que temos dende hai moitos anos un ascensor que permite a todos aqueles que teñan problemas de mobilidade desprazarse sen problemas” replica o PP. Pero peor lles parece aos populares que se vaia a mover o CIM para ao andar baixo do concello xunto con todos os demais servizos, xa que este centro “está́ colocado de forma estratéxica por unha cuestión de privacidade. Temos que ter en conta que se dan servizos como o de atención psicolóxica ou de información a persoas, por exemplo, vítimas de violencia de xénero, e a súa ubicación actual pretende gardar aó máximo posible a súa privacidade”, algo que cren non se garante así. M.M.

25 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito