Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Malpica intensifica os traballos de limpeza e reforza as cuadrillas

Malpica. Logo do adiamento obrigado pola crise sanitaria, o Concello de Malpica intensifica estes días os traballos de limpeza e desbroce ao longo de todo o municipio. “Ás tarefas que levamos realizando desde hai varias semanas incorporarase unha cuadrilla de dez persoas que se adicará a adecentar as zonas de maior concorrencia”, apunta o concelleiro de Servizos e Agro, Alfredo Cañiño.

Traballan tanto nos núcleos rurais como nas zonas urbanas, e están actuando na contorna de praias, áreas de ocio, bordes das estradas e camiños. Para estas tarefas dispoñen de catro tractores.

“Todos sabemos das necesidades que ten Malpica, e por iso decidimos darlle un impulso a estes traballo”, engadiu Cañizo.

O alcalde, Walter Pardo, agradece a “paciencia da veciñanza, xa que estes traballos non puidemos acometelos coa rapidez que nos gustaría ao goberno local”.

11 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito