Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Medra o orzamento ribeirense un 9,1 %, ata os 24,3 millóns

Se a subasta do matadoiro quedase deserta non se farían o edificio de remo e a nova biblioteca

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, presentou onte o proxecto do orzamento municipal para este ano, que ascende a 24,3 millóns de euros, é dicir, un 9,15 % máis que o do exercicio pasado. O documento someterase a debate plenario para a súa aprobación o vindeiro xoves día 28.

O rexedor destacou que por primeira vez en 30 anos non se recurre a un crédito bancario, polo que se trata da primeira subida do orzamento nesas condicións.

Tamén indicou que, a final de ano, a débeda situarase por debaixo do 30 %, unha cifra que calificou de “histórica”. Asimesmo, dixo que se contempla “un incremento sustancial” en gasto social, ó que se adican máis de dous millóns. Concretamente, a partida para emerxencia social elévase un 197 %. Engadiu que o orzamento permitirá aplicar o plan de dinamización Reactiva Ribeira, que prevé unha batería de medidas pactadas ca oposición en forma de axudas e bonificacións.

O documento económico presentado onte inclúe a previsión do ingreso mínimo previsto pola subasta do matadoiro (1.058.000 euros), que terá lugar no segundo semestre deste ano. Sin embargo, o alcalde dixo que, no caso de que a subasta quedase deserta (aínda que o actual adxudicatario está interesado en adquirilo), non se poderían construír nin o complexo do Clube de Remo en Aguiño nin a nova biblioteca municipal.

Na sesión plenaria do xoves, a Corporación deberá pronunciarse tamén sobre as obras do POS Adicional e sobre as bases de contratación do novo auditorio municipal, unha ansiada actuación que sairá a licitación por uns 3,5 millóns de euros.

Por outra banda, Ruiz presidiu onte unha nova reunión do grupo de traballo da hostalería sobre o Plan Local de Desescalada para concretar os horarios de peche deste tipo de establecementos na fase 2. Así, de luns a venres será ás 00.30 horas, e os fins de semana e vésperas de festivo, ás 01.30 as terrazas e ás 02.00 horas no interior.

Contempla a subida do 197 % na partida que se destina a gastos de emerxencia social
Debaterase no pleno do xoves, así como as bases de contratación de novo auditorio
22 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito