Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Medran un 20 % as horas de axuda no fogar en Ames

O novo contrato inclúe máis camas e tamén os servizos de taxi, fumigación, saídas e excursións

O novo servizo de Axuda no Fogar para Ames vén de adxudicarse á empresa SS Ulla Sar por un importe de 1.908.327 € e un período de 2 anos prorrogables 1+1. E entre as melloras desta licitación destacan o aumento das horas de servizo efectivo, que medran un 20 por cento.

Deste xeito, súmanse 9.300 horas máis por parte dos auxiliares de axuda no fogar ao servizo, de maneira que o total será de 55.597. Ademais, a regulación no propio prego dos horarios dos diferentes servizos, permitirá que eses traballadores poidan completar na medida do posible as súas xornadas, puidendo organizarse por zonas o que implicará que se limiten ou diminúan os desprazamentos entre domicilios.

Pero ós beneficios no eido das asistencias técnicas engádese tamén a nova adxudicación de melloras nos servizos e no material de axuda ás persoas con mobilidade reducida. Con este contrato disponse de máis camas articuladas, colchóns antiescaras, grúas, asentos xiratorios e barras para bañeira, orugas salvaescaleiras, patas de elefante e adaptadores de bañeira e de aseos en xeral.

Asemade, aos servizos de podoloxía, perruquería, fisioterapia, enfermería e limpezas de choque súmanselle agora os servizos de fumigación, taxi e taxi adaptado, acompañamentos puntuais, excursións e saídas. Cómpre salientar tamén que a nova empresa adxudicataria comprométese á dedicar horas á formación do persoal.

MELLORAS. A xuizo da concelleira de Servizos Sociais, Luísa Feijo “para nós non é un servizo mais senón un dereito. A nosa intención é seguir ampliando e mellorando este servizo na medida do posible ao igual que as condición dos e das auxiliares , sector feminizado e precarizado, dignificando o seu traballo”. Lembrar que en decembro do ano 2018 eran setenta e sete as persoas beneficiarias do Servizo de Axuda no Fogar, polo sistema de dependencia, en Ames.

04 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.