Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Melide aproba tres ordenanzas para conservar o tecido social e as vías

casa e á conservación dos camiños públicos

Melide. O pleno de Melide acordou a aprobación inicial de tres ordenanzas de gran importancia para o tecido social e para a conservación das vías e camiños públicos. O regulamento para a protección de camiños en relación coas operacións de saca de madeira contou cos votos a favor do equipo de goberno e coa abstención do Partido Popular. Mediante esta normativa o Concello “pretende evitar os numerosos desperfectos que se están a causar en vías e camiños públicos tras realizar actividades de corta e saca de madeira”, indican dende o goberno local.

Por outra banda, a aprobación do regulamento para a concesión do servizo de xantar na casa e da ordenanza que rixe as axudas de emerxencia social, aprobadas ambas por unanimidade de todos os grupos políticos con representación, supoñen segundo indica a concelleira de Política Social Carmen Liñeira, “un avance significativo na mellora do benestar e da calidade das persoas maiores dependentes do noso Concello, ademais de establecer un regulamento que permite dar seguridade e obxectividade tanto aos técnicos municipais como aos beneficiarios das propias axudas”, di.

CRÍTICAS PP. O Concello asegura que son falsas as acusacións dos populares de que non foron convocados ao pleno desta semana. “Todos os concelleiros e concelleiras do pleno do Concello de Melide foron convocados de forma telemática, e os voceiros dos grupos municipais, o día 20 de agosto, recibiron un correo electrónico ca documentación para a sesión e outro recordatorio da data e hora do pleno extraordinario”, aseguran dende o goberno local, e acúsanos de querer desviar a atención “do importante pleno” desta semana.

28 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito