Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Moción en Corcubión e visita de Rego polo ISM

COSTA DA MORTE. O deputado BNG no Congreso, Néstor Rego, visitará hoxe Corcubión para avaliar a falta de servizos do Instituto Social de la Marina (ISM) co patrón maior, Urbano Suárez. Acompañarano o portavoz na localidade Lois Lado e o responsable comarcal Serxio Domínguez Louro. Ademais, onte o grupo municipal de Sempre Corcubión presentou unha moción para pedir o rexeitamento da Corporación local “ao peche do servizo”, e solicitar o apoio dos concellos afectados, así como das confrarías. O seu portavoz, Alfredo González, asegura que “non podemos perder capacidade como centro administrativo, nin local nin comarcal. A despoboación empeza por este tipo de decisións, obrigando paseniñamente á fuxida da nosa xente para outras zonas equipadas de servizos e infraestruturas”. Lembra ademais que é un problema que afecta “a toda a Costa da Morte” e o seu grupo avoga por tomar “medidas de presión e protesta”. m. ramos

12 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.