Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Naufraxios que xamais foron contabilizados

RECONTO. O caso dos dous mozos de Noia desaparecidos o pasado luns 5 de xullo non é único na súa especie, e incluso podemos identificar un moi semellante, acontecido no século pasado, concretamente no 27 de febreiro de 1951, na vila pontevedresa de Portonovo, onde o Ave sen Porto, unha trainera, envorcou con dous náufragos mozos que,´unha curiosidade, foron salvados por unha moza de 18 anos.

Segundo conta o investigador Rafael Lema, nos naufraxios en Galicia non adoitan anotar as incidencias de naves non matriculadas, unidades auxiliares ou menores da frota pesqueira ou deportivas, ao entender que non son naufraxios propiamente ditos. Mais isto non implica que este tipo de incidentes non teñan certa relevancia ou que resultasen con mortos.

De facto, aínda que non sexan contabilizados, os accidentes de vela supoñen no presente século, un capítulo importante dentro de incidentes marítimos, xa que antes do 1970 non eran tan frecuentes este tipo de barcos deportivos nas nosas rías.

Así pois, no último terzo do pasado século (entre 1974 e 1999) deberon producirse, aproximadamente, 23 naufraxios non contabilizados por mor de non seren cumpridores das características para ser considerados como tal, cun total arredor dos 26 mortos e tamén algúns desaparecidos. Por outra banda, neste século XXI, houbo dous naufraxios non contabilizados no ano 2013. P.P.C.

10 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito