Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Milladoiro acolle un espectáculo que anima aos nenos a participar

Ames . O espectáculo musical infantil Danzamos No Verán!!! chega mañá, 16 de xullo, á praza de Manuel Murguía do Milladoiro. Trátase dunha iniciativa enmarcada na programación da rede cultural da Deputación da Coruña, e ten un aforo limitado de cen persoas.

O espectáculo destaca principalmente por promover a participación activa dos cativos. Os artistas son Xoán Curiel na voz, guitarra e ukelele, Jara Ortiz con outra voz, Carlos Freire á batería, Antón Fernández (Torroncho) co baixo eléctrico, Alex Salgueiro en teclados e programación e Pía Nicoletti como bailarina.

O espectáculo nace dun disco-libro editado pola editorial Galaxia, Estamos No Verán!!! que narra as aventuras duns rapaces na época estival, que atopan unha creativa maneira de pasar o tempo formando un grupo musical.

As músicas son de Xoán Curiel e os textos de Charo Pita. Despois de ser premiados nos pasados Premios Martín Codax (2019), A Banda do Verán foi tamén recoñecida neste 2020 co Premio Frei Martín Sarmiento, que fallaron os propios escolares. Ademais, Estamos No Verán!!! foi nomeado no ano 2013 como o Mellor Álbum en Lingua Galega nos Premios da Música Independente. Con esta proposta continúa a programación do Concello, despois de ofrecer Mozart á Galega e o Ames Jazz. C.E.

15 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito