Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Oroso e Gois inauguran a nova edición do seu certamen internacional

Nela preséntanse traballos de diferentes disciplinas de artistas de quince países

Oroso. Preto dun cento de persoas, entre autoridades, artistas e veciños, déronse onte cita en Góis para asistir á inauguración dunha nova edición do certame internaciona GóisOrosoArte, que chegará a Sigüero en setembro como é habitual.

Unha mostra que foi inaugurada pola presidenta da Cámara de Góis María Lurdes Oliveira Castanheira, e polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira.

No actoe apertura do certame internacional ambos destacaron “a calidade das obras e a importancia de estar hoxe aquí, todos xuntos, despois duns meses moi duros polo coronavirus”.

“A dura pandemia marcará para sempre este ano 2020, pero tanto en Oroso como neste municipio irmán de Góis tivemos claro desde un primeiro momento que o certame internacional de arte tiña que celebrarse e cumprir 15 anos, 24 no caso de Góis Arte, ao que uniuse Oroso cando xa levaba nove edicións”, afirmou Mirás.

“Faise máis necesario que nunca abrir a fiestra da expresión artística despois destes meses de confinamento, nos que os veciños e veciñas de Oroso e Góis comportáronse dunha forma exemplar”, engadiu o alcalde.

“E por suposto, tiñamos o desexo de cruzar as fronteiras e atoparnos de novo con Góis, un municipio irmán ao que botamos de menos”, rematou o rexidor.

QUINCE PAÍSES . Indicar que oleo, acrílicos, acuarelas, fotografía, escultura... todas as disciplinas artísticas están presentes na nova edición de GóisOrosoArte, mostra que conta con obras de artistas procedentes de quince países diferentes. M. R.

11 jul 2020 / 20:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito