Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Oroso porá en marcha un programa gratuíto para axudar a conciliar

Tamén se reforzarán os Servizos Sociais e amplíase a subvención a Protección Civil

Oroso. O Concello de Oroso vén de aprobar, nunha reunión con todos os portavoces dos grupos municipais, novas medidas de axuda á veciñanza durante a pandemia da coronavirus. Así, destinaranse 73.400 euros a material de protección e limpeza para o comercio e a cidadanía, e ademais 44.000 € a Servizos Sociais. Este departamento verase agora reforzado ca contratación dun novo administrativo durante o tempo que dure a pandemia.

Haberá tamén unha ampliación da subvención a Protección Civil para o desenvolvemento de diferentes tarefas de apoio. Por outra parte, a administración local vén de comunicar que implantará un programa de conciliación familiar gratuíto para aqueles fogares “nos que o pai e a nai deban incorporarse presencialmente aos seus postos de traballo e non poidan coidar dos seus fillos”, explican ó respecto.

No referente ás medidas económicas e fiscais, o goberno local estudará exencións nas taxas de lixo, auga e IBI para os sectores máis afectados pola crise.

Asimesmo, haberá unha campaña de promoción do comercio e da hostalería da zona. Por último, na reunión decidiuse que se destinarán os 150.000 euros do plan adicional do POS da Deputación Provincial da Coruña a sufragar gastos correntes. A. P.

23 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito