Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
PORTO DO SON. Profesionais manteñen que o mar será o encargado de expulsar os corpos no noveno día // A busca dos noieses desaparecidos continuou, pero con menos intensidade // As cofradías da zona mostran a súa disposición Paula Pérez

Os expertos consideran que os corpos dos mozos están na ría

Expertos e ben coñecedores do mar teñen claro que, baixar a intensidade da busca dos mozos desparecidos o pasado luns tras envorcar o seu kaiak en Porto do Son, a estas alturas, non é algo negativo, senón máis ben, acorde á evolución actual dos feitos. Isaac Gaciño, vicepatrón da cofraría de Portosín, comenta que, a pesares de que as correntes do fondo do mar sexan imprevisibles, a maioría de implicados no caso están dacordo que, no noveno día de busca e por tanto da desaparición e moi posible fundimento dos corpos dos rapaces, o mar debería expulsalos. É dicir, os suxeitos, pasados os nove días e unha vez hinchados, sairían á superficie, e para tal momento, tendo en conta esta teoría, ampliaríase e reforzaríase a busca na zona ao máximo nivel que se poida facer.

Non concibe a posibilidade de que os corpos saisen da ría de Muros e Noia, pois afirma que “o accidente foi moi dentro da ría” e os equipos e servizos de salvamento así como voluntarios e traballadores estana abarcando na súa plena totalidade.

Os traballadores desta cofraría están expectantes ao que poida verse na ría cada mañá na súa volta ao porto e pendentes de, se procedere, traspasar noticia ás autoridades competentes neste caso. Amais, o vicepatrón traslada todo o seu apoio ás familias afectadas e a súa total disposición para a axuda e cooperación cos equipos de busca e de rescate.

Por outra banda, Emilio Queiruga, patrón da cofraría de Porto do Son mantén a seguinte teoría: “os corpos aparecerán cando o mar os expulse (no noveno día da desaparición) e preto do lugar onde todo aconteceu”. Así, afirma que a posición do incidente (contando como referencias o lugar de aparición do kaiak e o onde foi atopada a rapaza) conta cunha extensión dunha milla náutica, polo que segue sendo difícil a busca baixo a superficie.

Tamén rexeita, de igual forma, que un dos patróns da lancha de salvamento e na mesma liña que o vicepatrón da cofraría colindante, a posibilidade de que os corpos estean fóra da ría. Afirma que isto só podería ter acontecido se os corpos subisen á superficie nunha noite de moito vento e este os arrastrase sen ser vistos, xa que, de ter sido de día, serían fácilmente localizables por todos os que participan na busca. O propio Emilio, implicado no operativo non só pola súa posición de patrón senón tamén como persoa achegada a un dos desaparecidos, está case seguro de que os atoparán.

Tendo en conta todo isto, a procura dos dous mozos desaparecidos prosegue este venres, pero con menor intensidade despois dos días transcorridos, entre a praia de Río Sieira e Cabeiro. Así o informaron fontes de Salvamento Marítimo, que destacou que este venres se reiterou o aviso aos barcos que se atopasen na zona para que "extremen" a vixilancia e “reporten calquera avistamento” que poida axudar na localización de ambos os desaparecidos.

Nese caso, puntualizaron as mesmas fontes, mobilizáronse medios para rastrexar a zona que se sinalou.

Onte, ademais, Salvamento tiña previsto aproveitar un exercicio do avión Sasemar 102 para realizar unha procura pola zona e outro entrenamento nocturno do helicóptero Helimer 211, que se achegou á área para un máis específico rastrexo.

Por terra esta xornada, na que se aproveitaron exercicios de Salvamento para facer rastrexos, proseguiron a procura efectivos de Protección Civil de ambos concellos implicados: Noia por ser onde habitaban, e Porto do Son, sendo este no que se produciu o naufraxio.

“non nos rendiremos”

Emilio Queiruga, patrón maior de Porto do Son, ten claro que os corpos dos kaiakistas desaparecidos o pasado luns neste mesmo concello, cun dos cales mantiña certo trato (Miguel Quán); serán devoltos polo mar a partir do día 9 da súa perda e posterior busca. Afirma que está habendo unha ampla colaboración das cofrarías limítrofes, inclusive a de Noia. De facto, o patrón desta última trasladou que para ese importante día chave de busca mandarán a totalidade das súas lanchas. Concreta que nunca viu despregado un dispositivo de procura de tal envergadura e afirma e reforza que non se rendirán e manterán a esperanza de rescatar os corpos na propia ría.

11 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito