Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Outes convocou a selección de cinco operarios para a brigada de Obras

OUTES. O Concello de Outes abriu a convocatoria de selección para contratar en réxime laboral temporal, durante cinco meses a xornada completa, a cinco operarios de servizos múltiples para a brigada municipal de Obras e Servizos. O prazo de presentación de solicitudes iniciouse onte luns e rematará o vindeiro venres, día 12 de xuño, de xeito presencial e/ou a través da sede electrónica do Concello (https://outes.sedelectronica.gal). Tendo en conta as limitacións impostas pola crise sanitaria ocasionada polo covid-19 as persoas interesadas que desexen presentar as solicitudes de xeito presencial deberán pedir cita no teléfono 687 854 447 en horario de 09.00 a 14.00. Para garantir o correcto servizo do rexistro presencial o prazo de solicitude da cita previa rematará o mércores 10 ás 14.00. S. S.

02 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito