Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Padrón vai editar un libro coa xente confinada

Padrón. O Concello de Padrón prepara a publicación dun libro para rendir homenaxe a todas as persoas que durante estes meses estiveron confinadas nos seus fogares para conseguir superar a crise sanitaria derivada da pandemia da Covid-19. A publicación recollerá as imaxes de todas as persoas que compartiron en redes sociais parte da cotidianeidade da súa cuarentena baixo o paraugas das campañas que o departamento de Cultura e Turismo lanzaron a través das novas tecnoloxías da información.

Así, por un lado, no libro poderanse ver cales son os libros favoritos que acompañaron aos cidadáns durante o confinamento. E, por outro lado, tamén se poderá desfrutar das vistas dende as fiestras dos cidadáns de Padrón. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, sinalou que dende o Concello buscan “recoñecer o esforzo de toda a poboación padronesa neste período de confinamento”.

17 may 2020 / 01:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito