Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
arquitectura. Aparece recollido na listaxe Great Gardens of the World por ser dos máis fermosos do mundo // Recibe o nome do Versalles galego

Pazo de Oca, ou os xardíns que quitan o alento

Centos de anos de historia e tradición non é o unico que acolle o Pazo de Oca entre os seus muros. Este monumento de arquitectura pétrea e vexetal agocha unhas zonas axardinadas consideradas das máis fermosas do mundo. Como tal, figura na listaxe de Great Gardens of The World, unha colaboración entre a empresa suíza Rado e a organización italiana Grandi Gardini Italiani que tenta recoller os xardíns máis bonitos do globo.

No caso do Pazo de Oca, que é un dos mellor conservados e máis representativos de Galicia, os seus xardíns fan que reciba o título do Versalles galego ou o Generalife do norte. Un piropo á súa construción, que claramente empregou como referencia os xardíns barrocos da corte e a tradicións paisaxística francesa. Erixido a finais do séxulo XV por D. Suero de Oca, hoxe é propiedade da casa ducal de Medinaceli, que se encarga da súa administración.

Trátase dunha simbiose entre a pedra, a auga e a vexetación, que convirten o espazo nunha obra maestra da arquitectura. O seu bosque, coas corredoiras, laberintos e hortas do perímetro comulgan coas súas fontes e estanques, que contan incluso cunhas curiosas barcas de pedra que agochan certo simbolismo bíblico. Un percorrido que traslada a queles que se aventuren a visitalo aos tempos da nobreza e da aristrocacia, envoltos pola frondosidade dos seus xardíns.

O pazo volve estar aberto ao público dende xullo, logo de pechar durante o confinamento. Pódese acceder aos xardíns de 11 a 19.00 horas todos os días da semana, custando a entrada 6 euros ou 4 se o grupo ten un mínimo de 15 persoas.

07 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito