Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Piden que se garantan as condicións da venda de Ferroatlántica

Cee. A Corporación de Cee, a proposta do BNG, aprobou unha moción para solicitar á Consellería de Economía que faga un seguimiento das condicións de venda de Ferroatlántica, “para ver que se están cumprindo os compromisos adquiridos”, afirma o portavoz dos nacionalistas, Serxio Domínguez. Sinala que a petición xa foi feita tamén no seu día polo comité de empresa, pero “non se lles deu resposta”, engade.

O Bloque presentou outras dúas mocións, pero non prosperaron. Nunha delas pedían que se instase a Portos que reactive a actividade industrial nos terreos da antiga Sycar “porque temos constancia de que hai unha empresa interesada en instalarse alí”, sinala Domínguez.

A proposta foi rexeitada por PP e IxCee, namentras que os membros do goberno (PSOE) se abstiveron. Os nacionalistas entenden que a zona debe manter un uso industrial, e rexeitan que se poida recalificar a mesma con fins inmobiliarios.

01 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito