Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Portos licitará a obra do novo embarcadoiro para Valga

Valga. O Consello da Xunta deu luz verde ao convenio de colaboración asinado entre o

Concello de Valga e Portos de Galicia para a execución dun novo embarcadoiro no río Ulla destinado ao seu uso por parte de embarcacións turísticas e de recreo. Neste proxecto vanse investir un total de 332.439 euros, financiados integramente polo organismo dependente do Goberno de Galicia.

O embarcadoiro executarase nun prazo máximo de cinco meses no mesmo lugar no que se conservan os restos do antigo porto de carga e descarga de mercadorías vencellado á actividade industrial da desaparecida fábrica de cerámica Novo y Sierra. As obras consistirán na rehabilitación daquela pequena estrutura portuaria co fin de permitir o atraque aos catamaráns e embarcacións turísticas que operan na Ría de Arousa e no Ulla, atraendo así, un fluxo de visitantes.

Acondicionarase na zona de ribeira unha área de 316 metros cadrados con pavimento de granito e colocaranse nela cinco bancos que servirán para delimitar o aparcamento. Tamén incluirán unha varanda de protección de madeira; alcorques nas árbores que se manteñan e pasarela de aluminio con 33 metros de longo. m.m.

25 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.