Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Programa e contratacións para amesás vulnerables

Sumánse para loitar e formar contra a violencia de xénero

Ames vén de pór en marcha o seu Programa Integral para Vítimas de Violencia de Xénero e Mulleres Vulnerables (de cara a fomentar o emprendemento feminino, mellorar a autoestima e traballar na loita contra a violencia de xénero) ao que se sumaron 15 veciñas. Pero é que, ademais, a administración local vai contratar en breve a tres vítimas de violencia de xénero.

Estas dúas accións están interconectadas, xa que parten da citada actividade formativa que se está a levar a cabo, e conta cunha subvención de 64.079 euros que outorga a Secretaría Xeral de Igualdade. Prevese que as tres mulleres estean traballando en distintos departamentos municipais entre finais do mes de agosto e principios do vindeiro setembro.

O mencionado programa integral ten unha duración de 150 horas. As participantes accederon ao mesmo despois dunha entrevista e avaliación individualizada. Ata agora participaron nun módulo de igualdade de oportunidades e nun taller que levaba por título Vivir en positivo. Formáronse nos distintos tipos de violencia e no xeito de detectalos e previlos, acudiron a unha sesión presencial titulada A actitude multiplica, analizaron o modo de evitar as relacións tóxicas e participaron nun obradoiro que estivo adicado á sexualidade.

No que atinxe ás materias para a vindeira semana, do 19 ao 25 deste mesmo mes, recibirán teleformación e teleasistencia individualizada sobre Construción da identidade de xénero. O día 2 de setembro acudirán a un obradoiro de técnicas de relaxación. Na semana do 9 ao 18 recibirán teleformación e asistencia individualizada sobre Administración de recursos económicos, asesoramento financieiro e do fogar e axudas á muller.

Xa o día o 23 de setembro concluirán a súa participación no programa cun obradoiro presencial que leva por título Recursos e coaching para o emprendemento feminino, segundo trasladan dende o Concello amesán.

Segundo a concelleira de Servizos Sociais, Lúisa Feijóo, esta proposta faise fundamental para acadar unha sociedade máis igualitaria, xa que “é moi importante traballar o emponderamento das mulleres para que afronten o día a día en igualdade”.

16 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito