Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Protección Civil rescata a fauna amesá máis variada

Lembran que a convivencia no rural é obrigada // Recolleron dende petos ata cobras ou patos

A extensión do concello de Ames, que vai dende o río Tambre diante da comarca barcalesa ata o linde coa capital de Galicia, propicia unha variada fauna coa que, según o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Juan Pérez, “hai que aprender a convivir”. E a súa labor, que define como “de mediación”, posiblemente lle salvara a vida a multitude de exemplares de especies tan variadas coma o peto, o porco vietnamita, a cobra viperina ou mesmo a crías de pato.

“Vivimos no rural, e non é estraño atoparse con animais deste tipo”, aporta o responsable do grupo, indicando que “o abandono do agro tamén inflúe”, xa que non hai tanto coñecemento sobre as especies como nos tempos dos seus avós. Teñen na AVPC, ademais, dous biólogos que lles sirven para identificar mellor aos bichos de cara á súa manipulación.

“Ás veces a xente chama a través do 112, e notas que están nerviosos, porque non saben se é perigoso; pero moitas veces chega con recoller o animal e botalo no seu medio, no monte”, precisa. Iso no que atinxe ás variedades máis enxebres, como a inofensiva cobra viperina (Natrix maura) ou o peto real (Picus viridis). Pero a variedade é inmensa, e como divulgan dende Protección Civil, “cando son animais exóticos, si que supoñen un problema”.

Este foi o caso, por exemplo, do porco vietnamita do que tiveron constancia por unha veciña de Ortoño, quen aseguraba que se lle botaba ás ovellas. Pasaron meses na súa procura, “e aínda que corroboramos con fotos a súa presenza, a Xunta contestounos que se trataba dun animal doméstico, e que era un asunto do Concello”.

Por iso, puxéronse en contacto coa Policía Local, que conta con armas de dardos tranquilizantes, e puxeron redes polos lugares onde sospeitaban que pasaba, pero sen moito éxito dende que recibiron alerta o pasado verán ata o 1 de xaneiro, cando conseguiron collelo. “Hai xente que os solta cando medran porque pensan que dan traballo, pero existe un perigo real de que se crucen cos porcos bravos, polo que é preciso ter coidado”. Madia leva, o dono non apareceu, e o ungulado rematou no Refuxio de Cambados, entidade que aposta pola adopción e a onde levan tamén os cans abandoados (os trinta voluntarios teñen tres lectores de microchip).

E con respecto á fauna silvestre, depende de Medio Ambiente e os exemplares van ao refuxio de Oleiros. Xa saben: se o seu é colaborar de xeito totalmente altruísta cos seus conveciños, velaí ten esta agrupación amesá.

30 ago 2020 / 00:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito