Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Proxectan melloras nas instalacións do abastecemeno local de Vimianzo

Acondicionarán tamén camiños no lugar de Tufións e no de Santa Comba de Baíñas

Vimianzo. O Concello vimiancés executará obras de mellora do servizo de tratamento de auga e de seguridade viaria. Os traballos, que contan coa financiación do Plan Único da Deputación da Coruña, están valorados en total en 157.404,22 €.

O primeiro proxecto corresponde á colocación dunha caseta e dun decantador para poder trasladar as actuais instalacións de tratamento de auga para o abastecemento de auga potable á poboación. Esta actuación, valorada en 126.546,10 €, permitirá mellorar o sistema de tratamento que actualmente se leva a cabo nunha parcela máis baixa, e son precisas dúas bombas para levar auga cara a parcela onde está o depósito, que é onde se pretende ubicar agora a estación. Proxéctase unha caseta que acollerá a instalación de subministro de auga e tamén un decantador. Por outro lado, a administración local mellorará camiños no lugar de Tufións, na parroquia de Cereixo, e tamén o de Santa Comba de Baíñas.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, asegura que se trata de “dúas obras moi necesarias”.

26 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito