Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Quince colectivos ribeirenses asinan o plan de dinamización socioeconómica

RIBEIRA. Unha quincena de asociacións de carácter social, asistencial, económico, empresarial, político e sindical de Ribeira manifestaron a súa adhesión ao ambicioso Plan Reactiva Ribeira que, subscrito o sábado polos grupos municipais de PP, PSOE, BNG e Suma Ribeira, está dirixido a implementar un gran paquete de medidas coafin de contrarrestar os efectos da crise do covid-19 entre a veciñanza. Estamparon as súas firmas os representantes da patronal, as confrarías de Ribeira e Aguiño, a lonxa municipal, Amas de Casa, Cáritas, ICE Renovación, Asociación Española Contra o Cancro, Ambar, Amicos, Ciudadanos, Compromiso por Galicia e IPR, así como os sindicatos CCOO e CSIF. Esta tarde debaterase no pleno o orzamento municipal, no que terán encaixe todas as medidas do plan. S. S.

29 may 2020 / 03:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito