Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reabre a piscina cunha normativa especial pra facer fronte á covid-19

O non cumprimento do regulamento implicará a expulsión do recinto así como unha sanción

Noia. Despois de que pechara as súas portas ao público o pasado 13 de marzo, o Concello de Noia reabrirá este luns 14 de setembro a piscina municipal cunha estrita normativa especial por mor da covid-19.

A concelleira de Deportes, Laura Salgado, explicou que aproveitaron estes meses para facer traballos de mantemento e mellora “para unha reapertura na que aplicaremos unha normativa especial pola covid-19, que deberá ser seguida estritamente polas persoas usuarias das instalacións”, sinalou a edil.

Así, a piscina abrirá cun novo horario: de 8.00 a 14.00 e de 16.00 a 22.00 horas, de luns a venres; de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas os sábados; e de 10.00 a 14.00 horas os domingos.

Como novidade, as persoas que non sexan socias terán que deixar os seus datos persoais en recepción; e os usuarios, ademais das medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias, terán que respectar os aforos permitidos en cada espazo.

Por último, o Concello de Noia estableceu tamén un procedemento de sancións para os usuarios que non cumpran coa normativa. De feito, o seu incumprimento será sancionado coa expulsión inmediata e unha sanción segundo o artigo 19 do Regulamento de utilización das instalacións deportivas municipais. m. t.

12 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.