Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reclaman a mellora do firme entre a parroquia arzuá de Oíns e a A-54

Os populares lembran que xa o pediron máis veces, e o Concello que quedaron xa en facelo

Arzúa. O PP de Arzúa vén de solicitar ao goberno de Alternativa por Arzúa e PSOE, “unha vez máis, a atención ao estado da parroquia de Oíns, con graves deficiencias no firme das dúas conexións coa
A-54, das que xa temos advertido a perigosidade para os vehículos”, dado o tamaño e profundidade das fochancas, das que poidemos dar constancia nunha visita realizada na pasada fin de semana.

Tamén lembran os populares ao equipo de goberno, entre outras cousas, a situación do lavadoiro de Ferradal, “do que dadas as circunstancias, posiblemente non se poida acometer unha inmediata reconstrución, pero cando menos si unha retirada do entullo, por cuestións de imaxe, seguridade e utilidade pública”, suliñaban.

Pola súa banda, o Concello de Arzúa asegura non só que acondicionará o vial que dá acceso á A-54 dende a parroquia de Oíns, senón que “así llo trasladou o pasado sábado, 29 de agosto, a edil de Obras municipal, Begoña Balado, ao voceiro do PP” nunha conversa telefónica”. E, do mesmo xeito, o goberno local comprometeuse a pór en marcha “un plan de bacheo xeral dando cobertura ás parroquias de Oíns, San Estevo, San Martiño e Dodro”. m.m.

02 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.