Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Recuperan unha senda da Vía Mariana en Berdoias

Vimianzo. O Concello vimiancés impulsou a recuperación dunha antiga senda en Berdoias para mellorar o trazado da Vía Mariana. Trátase do camiño de Carreixas, que parte da aldea de Berdoias en dirección a Muxía, e que muda o percorrido que antes se realizaba pola vía de servizo da inacabada autovía.

Aínda conserva algún treito empedrado e cruza un pequeno río sobre unha pontella á beira da cal hai un muíño en bo estado. A actuación dá resposta a unha demanda da asociación de veciños, e a alcaldesa, Mónica Rodríguez, destaca as tarefas de “todo o persoal implicado en recuperar o noso”.

15 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito